Asociación de Troiteiros "Río Furelos" de Melide (A Coruña)
Xavier Pazo Blanco, reelegido presidente. La Asociación llevará a cabo la limpieza de tres kilómetros de la ribera del río Furelos y una jornada dedicada a los socios.
Como es preceptivo según los estatutos, la Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide, celebró el pasado 31 de enero la VI Asemblea xeral ordinaria, donde se eligió por votación laelección de la nueva Xunta Directiva. Entre los cambios más reseñables está la elección del nuevo secretario Juan Manuel Pérez López (Xan), y la renovación y ampliación del número de vocales.
ACUERDOS DE LA ASAMBLEA
Entre os acordos tomados está o de aplicar a nova denominación da rúa na que figura a súa sede social, antes Calvo Sotelo, agora Mateo Segade Bugueiro, por acordo do plenario do Concello en virtude da aplicación da Lei da Memoria Histórica.
Así mesmo decidiuse a cuota para os socios, que será de 15 € anuais, agás os menores, xubilados e parados, para os que será gratis. Ademais todos os socios terán tres xornadas de pesca gratis e un desconto de 1 € nos pases que lle corresponda xestionar á Asociación.
Na propia asemblea ficou planificado o programa de actividades para a o presente ano, entre os que citamos: á celebración do Día do Socio, o Campionato de Pesca, as Xornadas de Limpeza, a reposición de sinais, a roza de tres kilómetros máis á beira do río, etc.
Por outra parte, a nova directiva da Asociación xa mantivo este mércores, 4 de febreiro unha reunión coa Alcaldesa de Melide e a continuación co Concelleiro de Medio Ambiente para pórse a disposición do Concello e colaborar no que sexa posible. En ambas reunións abordáronse os temas que veñen sendo unha preocupación constante para os membros da Asociación: o coidado do medio ambiente e a pureza das augas dos ríos do noso concello. Neste sentido a directiva da Asociación mostrou a súa preocupación pola lentitude coa que se está a acometer a solución definitiva dos vertidos do Polígono Industrial. Sobre este tema, a Alcaldesa manifestou que a curto prazo estaría resolto, dado que xa estaba aprobado. O Concelleiro de Medio Ambiente tamén manifestou que, sobre o vertido denunciado pola Asociación de sacos de rebo tirados na beira do río, en breve serán retirados, e que a policía local anda a facer pescudas para localizar ao culpable. Por parte da Asociación manifestamos que fariamos un seguimento destes temas e doutros, como o da construción da nova Ponte Mazaira promovida desde hai anos por esta Asociación e que xa contou, no seu día, co visto e prace da Cosellería de Medio Rural.
NUEVA JUNTA DIRECTIVA ASOCIACIÓN DE PESCADORES “ RÍO FURELOS”
1. PRESIDENTE: XAVIER PAZO BLANCO
2. VICEPRESIDENTE: JORGE PAZO SÁNCHEZ
3. SECRETARIO: JUAN MANUEL PÉREZ LÓPEZ (Xan)
4. VICESECRETARIO: CARLOS LAMAS RODRIGUEZ
5. TESOUREIRO: JESÚS RAMÓN PAMPÍN FUCIÑOS
6. VICETESOUREIRO: IVÁN LUGRÍS BETETA
7. VOCAIS:
· DIEGO GONZÁLEZ LIRIO
· LUIS FILGUEIRA MELENDEZ
· ADRIAN CASTRO VARELA
· IVÁN BRUZOS CENDÁN
· JOSE LUIS MOSTEIRO ARIAS